A irrupción de Ciutadans pon en perigo a maioría soberanista en Cataluña, segundo unha enquisa que publica El Periódico.

A irrupción de Ciutadans pon en perigo a maioría soberanista en Cataluña, segundo unha enquisa que publica El Periódico.
Dimiten sete membros da comisión de bioética da Consellaría de Sanidade tras serlles censurado un informe sobre desigualdades na asistencia
Filosofía e sexualidade centrarán a edición 2015 da Semana Galega de Filosofía, que se celebrará en Pontevedra entre o 6 e o 10 de abril
Continúa o colapso nos hospitais de Vigo, con esperas de ata oito horas nos servizos de urxencia e acumulación de padiolas nos corredores. CC.OO. denuncia que chegou a haber 40 pacientes pendentes de ingreso entre o Xeral e o Meixoeiro.
As mulleres ocupan tan só o 17% dos postos nos consellos de administracións das empresas do IBEX 35. Gas Natural, Sacyr e Técnicas Reunidas seguen sen contar con ningunha conselleira.
Competencia multa con case 90 millóns ao cártel lácteo por repartirse o mercado. A multa recae sobre nove empresas e dúas asociacións e é a cuarta máis importante que impón a CNMC na súa historia.
375 organizacións sociais de toda Europa remítenlles unha carta aos e ás eurodeputadas na que lles piden que protexan a cidadanía fronte ao TTIP e alertan sobre a perda da soberanía democrática que o tratado pode provocar.
Montse Dopico entrevista o profesor Lucio Martínez Pereda, autor do libro Medo político e control social na retagarda franquista (Xerais). Martínez Pereda destaca que “Filgueira Valverde tivo o poder suficiente para eliminar probas da súa importantísima colaboración coa ditadura franquista”
Bernardo Atxaga, Carme Riera, Suso de Toro e Bradley Epps participarán no ciclo Cara a onde? A transformación cultural e social desde a literatura, que se celebrará no CGAC, en Compostela, a partir do 7 de marzo
A patronal galega cre que a "esquerda radical" pode "tombar" o "grande ano de emprego" que prevé neste 2015. Fernández Alvariño pide "non poñer apelidos" ao emprego precario.