Goberno de España e PSOE traballan cunhas novas eleccións en Catalunya como escenario máis probable con ou sen aplicación total do artigo 155 da Constitución, cuxa activación decidiu Rajoy o pasado mércores.

Goberno de España e PSOE traballan cunhas novas eleccións en Catalunya como escenario máis probable con ou sen aplicación total do artigo 155 da Constitución, cuxa activación decidiu Rajoy o pasado mércores.
Estados Unidos anuncia a súa saída da UNESCO polo seu "continuado sesgo anti Israel", segundo o Goberno norteamericano. En outubro de 2012, a organización aprobou a incorporación de Palestina como membro de pleno dereito. A directora xeral da UNESCO, Irinia Bukova, lamentou a decisión e fixo unha defensa do multilateralismo. Washington xa se retirara da institución en 1984, en protesta polo Informe McBride, regresando en 2003.
Fontes do Goberno central deixan ver que se Puigdemont nega ter proclamado a independencia de Cataluña, non se activaría a segunda fase do artigo 155, e que a situación regresaría ao escenario previo ao pleno do Parlament dos días 6 e 7 de setembro, no que se aprobou a lei de referendo e transitoriedade.
A ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, afirma que ten "a case completa seguridade de que non vai ser necesaria" a intervención das Forzas Armadas en Cataluña, pero que "hai moitas accións que poden realizar", como apoio loxístico ou axudas ás forzas e corpos de seguridade do Estado que están en Cataluña
3.900 militares, acompañados por gardas civís e policías nacionais, percorren o Paseo da Castellana de Madrid na celebración oficial do 12 de outubro, presidida polos reis e o Goberno central. Tamén asisten todos os presidentes autonómicos, agás os de Cataluña, Euskadi e Navarra.
Human Rights Watch critica a actuación policial do 1-O en Cataluña. A entidade de dereitos humanos sinala que se "usou de maneira excesiva a forza contra manifestantes" e "utilizando porras para golpear persoas que se resistían pasivamente e causando múltiples feridas"
Hoxe comeza na Coruña a terceira edición do encontro Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder (MAC), que ata o domingo reunirá máis de 400 activistas, representantes de movementos sociais e candidaturas municipalistas. Podes consultar aquí o seu programa
Unipost, con case 150 empregados en Galicia, presenta un ERE para todo o cadro de persoal (2.200 en toda España)
A Fiscalía de Portugal acusa de 31 delitos de corrupción ao ex primer ministro José Sócrates, que tería apañado 34 millóns de euros de procedencia ilícita, dos que 24 millóns foron depositados en contas suízas.
O acordo de Puertos e Xunta garante que serán públicos menos do 20% dos terreos dos peiraos da Coruña. Batería, Calvo Sotelo e a Solana suman 89.220 metros cadrados, fronte aos 377.057 de San Diego, aínda abertos á venda