A traballadora enferma de ébola tivo que chamar dúas veces a urxencias para convencelos de que a atendesen. Cóntao El Diario
Fálase
Hernández anuncia unha "rebaixa xeral de impostos" no Concello de Santiago para o ano das municipais
O PSdeG logra paralizar o orzamento do Parlamento para 2015 grazas á ausencia de dous dos tres membros do PP na Mesa da Cámara. Os socialistas reclaman que as contas inclúan a devolución da paga extra de 2012 que se lles recortou aos funcionarios.
O dirixente do PP de Lugo José Luis Iravedra e tres militantes máis declararán como imputados por presunta carretaxe de votos nas autonómicas de 2012. A denuncia interpúxoa AGE, que achega documentación gráfica e testemuños de como os conservadores desprazaban anciáns dun asilo. Cóntao Faro de Vigo
A Fiscalía pide 20 anos de inhabilitación para o alcalde da Baña por manipular o censo antes das municipais de 2007. O rexedor foi designado recentemente polo PP como candidato á reelección, malia ao compromiso de suspender de militancia os cargos incursos en xuízo oral. Cóntao El País
ERC, disposta a apoiar a consulta alternativa de Mas, ao que pide, porén, que recupere o plan inicial. Oriol Junqueras reclama ademais unhas eleccións plebiscitarias para declarar a independencia se hai maioría parlamentaria.
O PP bota abaixo unha proposta de AGE garantir a liberdade de culto no Sergas. A proposición pedía tamén que os capeláns deixen de ser persoal do Sergas e, polo tanto, "deixen de percibir salario público"
O PP bloquea as investigacións parlamentarias sobre as tarxetas black de Caja Madrid. O presidente do Congreso non inclúe na orde do día unha petición ao respecto de Izquierda Plural.
A Fundación Galiza Sempre presenta ás 19:30 deste serán, na biblioteca Ánxel Casal de Compostela, o libro colectivo A UE como problema. Reflexións desde Galiza. No acto intervirá Ana Luísa Bouza, vicepresidenta da Fundación, e algúns dos autores e autoras da obra: Héctor López de Castro, Alba Nogueira, Edelmiro López Iglesias e María do Carme García Negro.
AGASOL organiza o vindeiro 29 de outubro en Compostela unha xornada informativa sobre Finodex, aceleradora de proxectos open data. Trátase dunha unha iniciativa europea para xerar novos valores económicos e sociais baseándose na plataforma FIWARE e a reutilización de datos abertos, e que xestiona 4,64 millóns de euros para financiar proxectos