O PSOE cre que o pacto catalán complica "aínda máis" a investidura de Pedro Sánchez. A dirección socialista asume que as presións "van ser moi fortes" para permitir que Rajoy sexa investido presidente.
Fálase
A Xunta arrinca o ano con 10.000 millóns de gasto xa comprometidos para o futuro. É o equivalente ao orzamento anual da comunidade autónoma.
Bárcenas asegura que ten gravado a Rajoy recibindo un sobre de cartos en B. Cóntao en El Mundo, onde di que o presidente do Goberno tería recibido 4.900 euros en negro da súa man.
ÚLTIMA HORA. Acordo entre a CUP e Junts pel Sí. Mas non será president, cargo que ocupará Carles Puigdemont, alcalde de Girona.
Besteiro anuncia un comité extraordinario en febreiro para fixar a data das primarias tras un tenso comité nacional do PSdeG no que os críticos pediron explicacións polos malos resultados das xerais. Máis información, hoxe en Praza.
Un documento asinado por cinco ministros pide a Rajoy que marche para que o PP poida gobernar. Sáenz de Santamaría sería a impulsora do texto, aínda que non unha das asinantes, segundo conta La Información.
Galicia pechou o ano con 2.500 dependentes atendidos máis e 12.000 leves aínda en espera. Os beneficiarios elévanse a 41.500, a cifra máis alta até o de agora.
A CUP aceptaría facer dimitir algúns dos seus deputados se Mas dá un paso atrás. Junts pel Sí e a formación de esquerda volveranse a reunir hoxe na última oportunidade para evitar novas eleccións.
Albert Rivera acusa os "deputados de Podemos" de propor "a secesión de Galicia". O líder de Ciudadanos rexeita que En Marea forme grupo propio e cre que "non haberá igualdade sen proxecto común".
Feijóo insiste en que esgotará a lexislatura pero non aclara se optará a un terceiro mandato. "Se antes das xerais non había razón ningunha para variar o calendario das galegas, despois das xerais hai moitas menos razóns para renunciar a estabilidade política que ten Galicia", di.