A Xustiza invalida os sinais de tráfico escritos só en galego. Dálle a razón a un pontevedrés que denunciou o Concello tras ser multado.
Fálase
Google lanza o seu servizo de búsqueda de voos para España, que amosa os itinerarios posibles e os distintos prezos. Flight Search está dispoñible en español, vasco, catalán e galego.
Faro de Vigo entrevista a David Reboredo: "Erguerme e ver dende a miña fiestra a Avenida de Madrid dáme a vida"
Concelleiros do PP en Ponteareas escapan por unha fiestra ante as protestas das preferentes. O alcalde suspendeu o pleno
O FROB anunciará este venres que quita lles impón ás preferentes e subordinadas de Novagalicia. O recorte aos seus aforros situarase entre o 30% e o 70% e o resto entregarase en accións. O Gobierno traballa na creación dun mecanismo que poida dar liquidez a estes títulos. Se os clientes aceptan a quita quedan sen acceso á vía xudicial, polo que os avogados recomendan non aceptar o canxe.
O Goberno quitaralles axudas a trasplantes ás autonomías que incumpran o déficit
IU pregunta no Congreso sobre as supostas intermediacións comerciais de Corinna. Preguntan sobre a posible existencia de contas en Suiza a nome de identidades operativas do CNI para xestionar os pagamentos a Corinna polas súas intermediacións
Alemaña, o BCE e a Comisión europea cruzan acusacións sobre o acordo de rescate a Nicosia
O satélite HumSAT-D, desenvolvido pola Universidade de Vigo, pasa o seu último test. Será lanzado en maio dende Rusia. É un satélite de comunicacións de baixa órbita que serve para recoller datos de sensores de baixa potencia e custe, uns 10 euros, que están localizados por todo o globo terráqueo.
O Parlamento de Chipre rexeita o rescate imposto por Bruxelas. O Goberno non consegue o apoio da Cámara malia excluír a quita aos pequenos aforradores.