O satélite HumSAT-D, desenvolvido pola Universidade de Vigo, pasa o seu último test. Será lanzado en maio dende Rusia. É un satélite de comunicacións de baixa órbita que serve para recoller datos de sensores de baixa potencia e custe, uns 10 euros, que están localizados por todo o globo terráqueo.
Fálase
O Parlamento de Chipre rexeita o rescate imposto por Bruxelas. O Goberno non consegue o apoio da Cámara malia excluír a quita aos pequenos aforradores.
A economía galega volverá crecer en 2014, pero neste ano caerá un 0,8% e o paro alcanzará o 22%, segundo un informe do BBVA.
Os servizos de seguridade do conde de Fontao, o colaborador do rei que hoxe testifica no marco do caso Nóos, obrigan a prensa que segue a declaración a desenchufar os ordenadores e teléfonos por "apropiación indebida do fluído eléctrico", segundo sinala o xornalista da Cadena SER Pedro Jiménez.
O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos manexa un informe sobre a eventual independencia de Catalunya, Escocia e Flandres. Cóntao Vilaweb.
A banca acredora, partidaria de que Pescanova nomee un conselleiro delegado que lidere a interlocución coas entidades para renegociar a débeda.
Mañá celébrase en Lugo o xuízo polos danos provocados na serra do Xistral na extracción de pedra para a construción da Cidade da Cultura. Cóntao El Progreso.
O Foro pola Memoria diríxese ao COI para que desapareza o rueiro franquista de Madrid, que mantén 165 nomes vinculados directamente á ditadura
Un estudo do Joint Research Centre da UE, realizado cunha base de 16 mil usuarios en cinco países, amosa que as descargas non afectan negativamente as vendas de produtos culturais. Destácao Enrique Dans, que denuncia o "acoso aos usuarios".
- Yolanda Díaz (AGE) ve "antidemocrático" que "os partidos do réxime", en referencia a PP e PSOE, rexeitasen tramitar no Parlamento a ILP de Compromiso por Galicia contra a corrupción.