A economía galega volverá crecer en 2014, pero neste ano caerá un 0,8% e o paro alcanzará o 22%, segundo un informe do BBVA.
Fálase
Os servizos de seguridade do conde de Fontao, o colaborador do rei que hoxe testifica no marco do caso Nóos, obrigan a prensa que segue a declaración a desenchufar os ordenadores e teléfonos por "apropiación indebida do fluído eléctrico", segundo sinala o xornalista da Cadena SER Pedro Jiménez.
O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos manexa un informe sobre a eventual independencia de Catalunya, Escocia e Flandres. Cóntao Vilaweb.
A banca acredora, partidaria de que Pescanova nomee un conselleiro delegado que lidere a interlocución coas entidades para renegociar a débeda.
Mañá celébrase en Lugo o xuízo polos danos provocados na serra do Xistral na extracción de pedra para a construción da Cidade da Cultura. Cóntao El Progreso.
O Foro pola Memoria diríxese ao COI para que desapareza o rueiro franquista de Madrid, que mantén 165 nomes vinculados directamente á ditadura
Un estudo do Joint Research Centre da UE, realizado cunha base de 16 mil usuarios en cinco países, amosa que as descargas non afectan negativamente as vendas de produtos culturais. Destácao Enrique Dans, que denuncia o "acoso aos usuarios".
- Yolanda Díaz (AGE) ve "antidemocrático" que "os partidos do réxime", en referencia a PP e PSOE, rexeitasen tramitar no Parlamento a ILP de Compromiso por Galicia contra a corrupción.
- Luís Bará non substituirá a Carlos Aymerich no Parlamento por razóns de saúde. O novo deputado do Bloque será Daniel Rodas, ata agora concelleiro en Moaña.
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) vén de imputar por tráfico de influencias o secretario xeral de CDC, Oriol Pujol, no caso ITV. Pujol afirmou hai unha semanas que abandonaria o seu cargo se finalmente era imputado.