A burocracia deixa sen sanidade o bebé de dous inmigrantes con papeis. A nena leva sete meses sen asistencia por malentendidos administrativos en Galicia.
Fálase
A ultradereita confirma o seu avance nas eleccións municipais de Francia. A abstención do 40% castiga os socialistas e dá a vitoria parcial ao centro-dereita.
A concentración polos detidos o 22M remata con cargas no centro de Madrid.
Resultados da terceira división galega
Cerceda 1 - 1 Barbadás
Deportivo B 2 - 0 Pontevedra
Alondras 1 - 1 Ordes
As Pontes 2 - 2 As Somozas
Laracha 3 - 0 Dorneda
Bertamiráns 1 - 2 Choco
Arousa 0 - 0 Racing Vilalbés
Betanzos 0 - 0 Boiro
Rápido de Bouzas 3 - 0 Negreira
Cultural Areas 2 - 3 GrixoaDez persoas optarán aos dous postos que Anova designará para as eleccións europeas. Lidia Senra, Luis Eyré, Ana María Vidal, Xosé Miguel Rodríguez, Eduardo García, Julio Villanueva, David Balado, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Rial poderán facer campaña interna ao longo da semana e o domingo día 30 celebrarase a votación.
Policías antidisturbios maniféstanse en Madrid pola "mala xestión" da manifestación do 22-M. Cóntao El Diario.
Falece Adolfo Suárez, ex presidente do Goberno de España, aos 81 anos de idade. Durante a última década padeceu a enfermidade de Alzheimer.
Un vídeo de Juan Carlos Mohr amosa como a policía golpea un reporteiro que traballaba onte en Madrid durante as cargas policiais posteriores ás Marchas da Dignidade.
O Deportivo da Coruña gaña por 0-1 ante o Zaragoza e mantense en postos de ascenso á Primeira división.
#22M Unha asemblea de participantes nas Marchas da Dignidade reúnese a esta hora en Madrid para decidir como continuar coas reivindicacións (foto: El Diario).