O CD Lugo imponse ao Tenerife por 1-0. Toda a recadación do partido do Anxo Carro foi doada ao Banco de Alimentos.

O CD Lugo imponse ao Tenerife por 1-0. Toda a recadación do partido do Anxo Carro foi doada ao Banco de Alimentos.
A TVG fala cun siareiro do Deportivo que viaxou este domingo para ver o partido co Atlético de Madrid. "Aos 5 minutos de baixar apareceron 200", "eses asasinos case nos matan", di.
O Concello da Coruña expresa a súa "repulsa" pola "salvaxe agresión" que causou a morte dun siareiro do Deportivo en Madrid, insta a "esclarecer o acontencido" e reclama que os clubes afasten os "delincuentes" dos espectáculos deportivos. O BNG local expresa tamén as súas condena polo "lamentábel asasinato" e ve "morna" a actuación policial fronte á "belixerancia" doutras actuacións dos corpos de seguridade.
O Hospital Clínico de Madrid confirma o falecemento do siareiro do Deportivo agredido esta mañá na liorta das inmediacións do estadio Vicente Calderón, segundo adiantan laSexta e a Cadena SER
O galego Pedro Nimo, campión de España de maratón tras vencer na proba celebrada este domingo en Donostia (imaxe: @corriendo_voy)
Desaparecidos os dous tripulantes do Safrán, barco galego con base en Celeiro que faenaba en augas francesas. Cóntao Faro de Vigo
Ferido moi grave un coruñés tras unha liorta entre siareiros do Dépor e do Atlético de Madrid nas inmediacións do estadio madrileño Vicente Calderón, segundo informa El País
A xuíza da Pokémon investiga a adxudicación do guindastre e da ORA na Coruña dentro da póla do caso na cidade, denominada Pikachu. Cóntao Faro de Vigo
Anova desenvolve hoxe a súa conferencia nacional sobre as eleccións municipais. A información, hoxe en Praza (imaxe: Brais Ribeiro)
O PSdeG celebra este domingo as súas primarias en nove localidades, entre elas A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense, e na secretaria provincial coruñesa. As votacións comezaron ás 10 da mañá e estenderanse ata as oito da tarde. Toda a información dos resultados, hoxe en Praza.