A Fundación Civio publica o libro Españopoly. Cómo hacerse con el poder en España (o, al menos, intentarlo), de Eva Belmonte, que analiza "cales son as regras do xogo, quen son os principais xogadores e a que intereses responden".
Fálase
Sin Permiso publica unha entrevista co profesor David Harvey, que destaca que "Hai enerxías para derrotar a oligarquía global. O problema é a incapacidade da esquerda para canalizalas".
David Cal retírase e xa non competirá nos Xogos de Río en 2016. Deixa os seus adestramentos no Brasil por falta de motivación, segundo adianta Marca. O de Cangas é o mellor deportista galego e español nuns Xogos Olímpicos.
A acusación popular reclama a imputación de Acebes e De Cospedal no caso da 'caixa B' do PP. En El Diario
A Consellería de Educación ratifica que 4º da ESO terá un itinerario orientado ao mundo laboral e outro, ao académico, desenvolvendo así a Lei Wert. Recólleo Faro de Vigo
Os dous incendios de Ponteareas arrasaron xa máis de 350 hectáreas, segundo os últimos datos de Medio Rural, que os dá por controlados dende as doce e media da noite
Falece un traballador de Navantia Ferrol ao caerlle enriba unha peza do barco no que traballaba.
A Audiencia de Ourense ordena reabrir o caso da presunta fraude da Deputación provincial na adxudicación de depuradoras financiadas con fondos europeos. Cóntao El País
Un veciño da Coruña, entre as vítimas do accidente aéreo nos Alpes. Un ex empregado de Inditex con residencia na cidade é un dos falecidos no sinistro acontecido esta mañá.