
Fálase
- Comeza na casa do Concello de Santiago o pleno monográfico sobre os afectados polas preferentes, coa intervención de tres cidadáns
Os comités de empresa de Renfe e Adif convocan unha manifestación o xoves 20 na Coruña en defensa do ferrocarril e para protestar polos últimos recortes
A arbitraxe das preferentes pecharase o 17 de xuño, coa previsión de devolverlle o 100% a uns 36.200 clientes. Outros 39.000 quedarán fora.
Rebelión interna en CCOO polo apoio do seu experto á reforma das pensións. Os membros do Gabinete Interfederal escribenlle unha carta a Toxo e á Executiva lamentando a decisión de Miguel Ángel García de aprobar o informe
A policía usa canóns de auga e gas lacrimóxeno para desaloxar a praza Taksim de Estambul.
Juárez reflexiona que a "retórica" do BNG "se parece moito" á que tiña "Herri Batasuna". O delegado do Goberno central en Galicia cre que as posicións do Bloque son "incompatibles" coa "claridade" que "os demócratas" deben ter sobre o terrorismo. Recólleo Europa Press na súa web.
Fernández de Sousa mantense na presidencia de Pescanova tras ser ratificado por maioría, malia que os representantes e Damm e Luxempart volveron solicitar a súa dimisión.
O FROB anuncia as novas quitas para as preferentes de Novagalicia, que serán de entre un 40% e un 65% tras o desconto para liquidez. Máis información, nuns minutos en Praza.
A CIG convoca unha manifestación este mércores en Vigo "en defensa do emprego e por unha industria con futuro". A marcha comezará as 20 horas en Vía Norte e coincide coa folga xeral comarcal convocada en Ferrolterra
O xuíz Ruz amplía a imputación a Bárcenas e a súa esposa por delitos de falsidade documental, intento de estafa procesal e branqueo de capitais.