Evo Morales revalida a Presidencia de Bolivia ao obter arredor do 60% dos votos nas eleccións deste domingo. Cóntao Público.es
Fálase
Sinalan "indicios de esperanza" para a traballadora enferma de ébola, que permanece "estable", segundo recolle a Cadena SER
O cambio de criterios reduce un 64% as persoas desempregadas que poden recibir a axuda de 400 euros, destinada a quen xa non ten ningunha outra prestación. Cóntao El Diario
Besteiro critica a Feijóo por non reunirse "periodicamente" cos líderes da oposición e declárase disposto a reunirse co presidente da Xunta, pero non "para facer fotos". Recólleo Faro de Vigo
El País relata as dificultades económicas das familias con pisos protexidos ás que Fomento lles retirou as axudas hipotecarias coas que accederon ás vivendas.
O Lugo empata (3-3) ante o Zaragoza logo dun emocionante partido. O equipo galego logrou remontar pero perdeu os tres puntos no tempo engadido.
O Racing de Ferrol golea o Oviedo (4-1) na oitava xornada de Segunda B. Celta B e Somozas empataron sen goles no derbi galego, o Compostela gañou en Luanco (0-1) e o Coruxo empatou ante a Cultural Leonesa (1-1).
Teresa Romero está estable pero hai "indicios de certa esperanza" na súa evolución. Así o asegura o comité especial para a xestión da enfermidade do ébola en España.
O Obradoiro cae con claridade ante o Gran Canaria (72-57). Os galegos non puideron en ningún momento co equipo insular, que foi por diante durante todo o encontro.
Os críticos de Anova perden a votación na que apostaban por non presentarse ás municipais. A formación aposta por apoiar as mareas cidadás, pero defende analizar cada situación local á hora de decidir se presentar candidatura propia ou non. Máis información, hoxe en Praza.