O Goberno central vén de aprobar a contrarreforma da lei do aborto. Toda a información, esta tarde en Praza.
Fálase
Antón Bao renuncia como concelleiro do BNG en Lugo. O voceiro nacionalista no Concello anuncia hoxe a súa marcha por "motivos persoais".
Martiño Noriega abandona o cargo de coordinador nacional de Anova, segundo vén de anunciar no seu perfil de Facebook. O alcalde de Teo asegura que "hoxe máis ca nunca" o seu "compromiso está con Anova e con AGE". Máis información, hoxe en Praza.
O xuíz Ruz amplía o rexistro da sede do PP a todos os papeis de Bárcenas. Atopou doce elementos de relevancia penal. O maxistrado cre que o PP creou unha "facturación oficial ficticia".
Castellano e González Bueno abandonan Novagalicia Banco, segundo veñen de comunicarlle aos sindicatos.
O ministro Soria asegura que a luz non subirá un 11% en xaneiro "baixo ningún concepto". O Goberno asegura que "dará pasos" logo de que Competencia anulase a poxa de onte.
A Policía continúa rexistrando a sede do PP tras doce horas. Segue na procura de de documentación sobre as obras da súa reforma
O Goberno aprobará hoxe a reforma da lei do aborto, que regresará ao sistema de hai 30 anos e que incluso podería restrinxir máis o dereito. Haberá concentracións contra a decisión do Executivo en todas as cidades de Galicia.
O Celta cae goleado ante o Athletic en San Mamés (4-0) e queda eliminado da Copa do Rei logo dun partido no que foi claramente superado polo conxunto vasco.
A Comisión de Competencia invalida a poxa eléctrica por "circunstancias atípicas". O resultado implicaba unha suba do 11% no recibo da luz.