O Goberno aprobará hoxe a reforma da lei do aborto, que regresará ao sistema de hai 30 anos e que incluso podería restrinxir máis o dereito. Haberá concentracións contra a decisión do Executivo en todas as cidades de Galicia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52b3f95f414dc-bb1nkauciaatoew.jpg)
O Goberno aprobará hoxe a reforma da lei do aborto, que regresará ao sistema de hai 30 anos e que incluso podería restrinxir máis o dereito. Haberá concentracións contra a decisión do Executivo en todas as cidades de Galicia.
O Celta cae goleado ante o Athletic en San Mamés (4-0) e queda eliminado da Copa do Rei logo dun partido no que foi claramente superado polo conxunto vasco.
A Comisión de Competencia invalida a poxa eléctrica por "circunstancias atípicas". O resultado implicaba unha suba do 11% no recibo da luz.
O xuíz Ruz envía a Policía á sede central do PP, en Madrid, á procura de documentación. Está a contalo El Diario.
Javier Etcheverría será o presidente do banco resultante da compra de Novagalicia Banco por parte de Banesco, que lle ofrecerá un posto directivo a José María Castellano. Confirmouno xunto ao cambio de nome o presidente do grupo venezolano, Juan Carlos Escotet, tras reunirse con Feijóo en San Caetano.
Banesco contacta co PSdeG para reunirse con Besteiro, segundo informa o partido, que xa confirma que esa xuntanza se vai celebrar.
Concellos gobernados polo BNG como Carballo salientan con carteis os servizos municipais que a reforma local do Goberno central "vai obrigar a pechar".
Banesco renomeará Novagalicia Banco como Etcheverría, a non ser que un estudo de mercado determine o contrario. Asegurouno o presidente do grupo venezolano tras chegar a Galicia. Recólleo Faro de Vigo.
O BNG convoca concentracións contra a venda de Novagalicia Banco este venres. En Compostela será ás 20 horas ante a sede da entidade na praza de Galicia. O BNG da Coruña apoia tamén unha convocatoria para as 20.30 horas ante a sede da rúa Nova.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto lembra a convocatoria de concentracións, ás 19 horas en todas as cidades galegas, no día en que o Consello de Ministros aprobre a reforma da lei. É posible que sexa este mesmo venres, xa que hai semanas o ministro Gallardón comprometeuse a presentala antes de final de ano.