Banesco contacta co PSdeG para reunirse con Besteiro, segundo informa o partido, que xa confirma que esa xuntanza se vai celebrar.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52b335f065e31-11453256904_8cf6817e32_b.jpg)
Banesco contacta co PSdeG para reunirse con Besteiro, segundo informa o partido, que xa confirma que esa xuntanza se vai celebrar.
Concellos gobernados polo BNG como Carballo salientan con carteis os servizos municipais que a reforma local do Goberno central "vai obrigar a pechar".
Banesco renomeará Novagalicia Banco como Etcheverría, a non ser que un estudo de mercado determine o contrario. Asegurouno o presidente do grupo venezolano tras chegar a Galicia. Recólleo Faro de Vigo.
O BNG convoca concentracións contra a venda de Novagalicia Banco este venres. En Compostela será ás 20 horas ante a sede da entidade na praza de Galicia. O BNG da Coruña apoia tamén unha convocatoria para as 20.30 horas ante a sede da rúa Nova.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto lembra a convocatoria de concentracións, ás 19 horas en todas as cidades galegas, no día en que o Consello de Ministros aprobre a reforma da lei. É posible que sexa este mesmo venres, xa que hai semanas o ministro Gallardón comprometeuse a presentala antes de final de ano.
Ecuador derrogará a Lei de Propiedade Intelectual e traballará nun novo texto dende cero. Segundo o Goberno ecuatoriano, o país "necesita a difusión do coñecemento e non todo o contrario".
O presidente de Iberdrola bromea coa suba da factura da luz. Ante a afirmación dunha xornalista que apunta que "a sociedade está preocupada pola suba da luz", o presidente da compañía, José Ignacio Sánchez Galán, contestou entre risas: "Eu tamén".
#consellodaxunta Feijóo reunirase con directivos de Banesco esta tarde ás 17:00. O presidente da Xunta asegura ante a prensa que "a creba do sistema financeiro galego non ten nada que ver co goberno que presido".
#consellodaxunta Feijóo gaba o "compromiso" de Banesco "cos contribuíntes españois e coa estrutura económica e social de Galicia". Dá por feito o mantemento dos servizos de Novagalicia Banco no país e máis de 8.000 millóns en créditos nos vindeiros catro anos.
O recibo da luz subirá unha media do 11% a partir de xaneiro. O ministro de Industria asegurara que non ía subir. En El Diario