O recibo da luz subirá unha media do 11% a partir de xaneiro. O ministro de Industria asegurara que non ía subir. En El Diario
Fálase
#consellodaxunta O Consello aproba o III Plan de Cooperación Galega para o Desenvolvemento. En 2014 estará dotado con 4 millóns de euros e a "novidade é un modelo de xestión baseado en resultados", di Feijóo
#consellodaxunta O Sergas lanza unha oferta pública de emprego de 165 prazas, 40 de medicina de familia e 125 de enfermaría.
Xa se pode ver o vídeo da conferencia que Richard Stallman ofreceu en Ourense o pasado día 9 na ESEI de Ourense.
Hai unha hora despegou o satélite Gaia, o proxecto da ESA no que colabora a Universidade da Coruña, e que realizará o mapa galáctico máis preciso dos completados até agora.
Ana Pastor defende o AVE a Galicia ante as críticas do PNV. A ministra de Fomento recorda que non pode haber vías de hai oitenta anos.
Almunia advirte de que Novagalicia terá que devolver a inxección de cartos públicos recibida e avisa que a Comisión Europea vixiará se a súa venda cumpra coas condicións exixidas pola UE nunha entrevista na Cadena Ser.
Blesa gañou case 20 millóns de euros nos seus últimos anos en Caja Madrid. Os seus ingresos dobráronse en tempos de crise.
Os ministros de Economía da UE alcanzan un acordo sobre o mecanismo para o peche de bancos e dan un novo paso para a unión bancaria.
Os concelleiros díscolos de Ourense abandonan as reunións do PSdeG. Exixen que o concelleiro destituído sexa readmitido para se volver reunir co alcalde.