Os ministros de Economía da UE alcanzan un acordo sobre o mecanismo para o peche de bancos e dan un novo paso para a unión bancaria.
Fálase
Os concelleiros díscolos de Ourense abandonan as reunións do PSdeG. Exixen que o concelleiro destituído sexa readmitido para se volver reunir co alcalde.
O presidente de Banesco asegura, tras a compra de Novagalicia Banco, que comparte "coa comunidade galega" o "compromiso de manter unha entidade apegada aos intereses da rexión e dos seus traballadores".
Banesco faise con Novagalicia Banco. Pagará case 1.000 millóns pola entidade galega tras vencer na poxa ás outras seis opcións. Máis información, nuns minutos en Praza.
O PP traslada ao Parlamento a medio cento de alcaldes da provincia de Lugo para asistir ao debate dunha iniciativa contra un plan de emprego da Deputación para pequenos concellos. Segundo os conservadores, este plan obedece a "intereseses electorais".
Convocan este sábado unha concentración na Estrada en apoio de Álex Marque, ciclista gañador da Volta a Portugal e acusado de dopaxe por atoparse unha substancia prohibida no seu sangue. Marque defende a súa inocencia e asegura que tanto o seu equipo coma a UCI coñecían e autorizaban a aplicación deste fármaco.
A Fundación Civio lanzou hai unhas semanas Digo Diego, unha web que recolle os tuits borrados polos políticos, inspirada na plataforma estadounidense Politwoops. O obxectivo é que o que din os políticos nas redes sociais “non se poida agachar”.
Banesco, principal favorito para facerse con Novagalicia, segundo apuntan varios medios, entre eles a Radio Galega. O banco venezolano collería vantaxe sobre CaixaBank na poxa pola entidade galega.
Traballadores do naval de Ferrol manifestáronse por sorpresa esta mañá. Entre 1.500 e 2.000 persoas dirixíronse dende Bazán até o edificio administrativo da Xunta e até o Concello, onde un grupo foi recibido polo alcalde da cidade, Rey Varela. O voceiro do comité de empresa de Navantia, Ignacio Naveiras, pediu a dimisión do rexedor.
A Facultade de Informática da UDC poñerá en marcha este xoves un dispositivo de seguimento do lanzamento do satélite Gaia, que conta coa destacada participación de investigadores da Universidade da Coruña. Gaia busca trazar un mapa tridimensional da Vía Láctea, co que se poderán coñecer mellor as súas estrelas e achar entre 10.000 e 50.000 planetas.