A Facultade de Informática da UDC poñerá en marcha este xoves un dispositivo de seguimento do lanzamento do satélite Gaia, que conta coa destacada participación de investigadores da Universidade da Coruña. Gaia busca trazar un mapa tridimensional da Vía Láctea, co que se poderán coñecer mellor as súas estrelas e achar entre 10.000 e 50.000 planetas.
Fálase
Feijóo asegura estar "bastante tranquilo de que consigamos definitivamente" manter Novagalicia Banco como "entidade galega" tras a súa venda. "Espero que, se o conseguimos, inicie o próximo período de sesións felicitando o Goberno", esixiulle ao voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu.
Unha mostra recupera o traballo dos fotógrafos Pepe Esteirán e Rizo. Un estudo chamado Galiza: a modernidade a través das imaxes pódese ver dende esta semana no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Vigo.
O bitcoin perde a metade do seu valor (en dúas semanas pasa de 1.132 a 682), despois de que China prohibise realizar transaccións con esta moeda virtual, o mesmo que Noruega ou Apple
O PP pide ao Congreso que condene Resistencia Galega e que reprobe a aqueles que minusvaloren os seus atentados.
Inmigrantes son fumigados contra a sarna á súa chegada a Lampedusa, segundo denuncia un dos afectados na televisión italiana. En fila, espidos e cos baixos en cruz, as imaxes lembran aos campos de concentración.
O Goberno garante agora que Gas Natural encargará un buque a Navantia. Así o asegurou o ministro Montoro, que prevé máis contratos para os estaleiros ferroláns ademais do do metaneiro.
Citroën rebaixa o ERE na factoría de Vigo a 20 días e 816 traballadores. A fábrica pechará este ano cunha produción de 100.000 coches máis que en 2012.
A presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso cre que "a reprodución asistida é un privilexio e non un dereito". Carmen Quintanilla di estar tamén contra o aborto e defende as informacións sexistas da televisión de Castela A Mancha.
A muller do presidente de Madrid, imputada por presunta implicación no branqueo de capitais no caso da compra dun ático en Estepona.