O bitcoin perde a metade do seu valor (en dúas semanas pasa de 1.132 a 682), despois de que China prohibise realizar transaccións con esta moeda virtual, o mesmo que Noruega ou Apple
Fálase
O PP pide ao Congreso que condene Resistencia Galega e que reprobe a aqueles que minusvaloren os seus atentados.
Inmigrantes son fumigados contra a sarna á súa chegada a Lampedusa, segundo denuncia un dos afectados na televisión italiana. En fila, espidos e cos baixos en cruz, as imaxes lembran aos campos de concentración.
O Goberno garante agora que Gas Natural encargará un buque a Navantia. Así o asegurou o ministro Montoro, que prevé máis contratos para os estaleiros ferroláns ademais do do metaneiro.
Citroën rebaixa o ERE na factoría de Vigo a 20 días e 816 traballadores. A fábrica pechará este ano cunha produción de 100.000 coches máis que en 2012.
A presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso cre que "a reprodución asistida é un privilexio e non un dereito". Carmen Quintanilla di estar tamén contra o aborto e defende as informacións sexistas da televisión de Castela A Mancha.
A muller do presidente de Madrid, imputada por presunta implicación no branqueo de capitais no caso da compra dun ático en Estepona.
A Defensora do Espectador de RTVE admite que o programa Entre todos é "polémico" pero límitase a pedir "coidado" nos temas que aborda. Numerosos colectivos do ámbito social reclaman a retirada deste espazo dende hai meses.
Movementos sociais promoven en São Paulo unha Copa Rebelde contra a Mundial de 2014. 32 equipos xogarán nun evento que denunciará a elitización do fútbol e a xentrificación dos barrios pobres
Como competir con Apple dende Galicia? A empresa tecnolóxica galega Primux Tech presentará este mércores en Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia. San Cibrao das Viñas) a súas novas tabletas de altas prestacións e baixo custo.