A presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso cre que "a reprodución asistida é un privilexio e non un dereito". Carmen Quintanilla di estar tamén contra o aborto e defende as informacións sexistas da televisión de Castela A Mancha.
Fálase
A muller do presidente de Madrid, imputada por presunta implicación no branqueo de capitais no caso da compra dun ático en Estepona.
A Defensora do Espectador de RTVE admite que o programa Entre todos é "polémico" pero límitase a pedir "coidado" nos temas que aborda. Numerosos colectivos do ámbito social reclaman a retirada deste espazo dende hai meses.
Movementos sociais promoven en São Paulo unha Copa Rebelde contra a Mundial de 2014. 32 equipos xogarán nun evento que denunciará a elitización do fútbol e a xentrificación dos barrios pobres
Como competir con Apple dende Galicia? A empresa tecnolóxica galega Primux Tech presentará este mércores en Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia. San Cibrao das Viñas) a súas novas tabletas de altas prestacións e baixo custo.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizará un acto simbólico este mércores ante a sede da Consellaría de Educación (en San Caetano) no que queimarán o texto da LOMCE para despois entregarlle as cinzas ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.
O pleno do Parlamento vota a esta hora as emendas aos Orzamentos da Xunta para 2014. O PP rexeita a práctica totalidade das máis de mil achegas da oposición.
O BNG aposta por incrementar a colaboración con ERC e EH-Bildu. Tras un encontro, as tres formacións acordan aproveitar as eleccións europeas de 2014 para pular polo dereito a decidir.
Slavoj Žižek escribe en The Guardian sobre o moi comentado caso do tradutor a linguaxe de signos do funeral de Mandela. Para o filósofo esloveno "o falso intérprete díxoo todo" e comunicou o "sen sentido" das "bágoas de crocodilo" dos mandatarios.
Dous arquitectos novos de Gondomar obteñen unha mención no concurso internacional Future Arquitecturas para revitalizar La Panificadora.