O pleno do Parlamento vota a esta hora as emendas aos Orzamentos da Xunta para 2014. O PP rexeita a práctica totalidade das máis de mil achegas da oposición.
Fálase
O BNG aposta por incrementar a colaboración con ERC e EH-Bildu. Tras un encontro, as tres formacións acordan aproveitar as eleccións europeas de 2014 para pular polo dereito a decidir.
Slavoj Žižek escribe en The Guardian sobre o moi comentado caso do tradutor a linguaxe de signos do funeral de Mandela. Para o filósofo esloveno "o falso intérprete díxoo todo" e comunicou o "sen sentido" das "bágoas de crocodilo" dos mandatarios.
Dous arquitectos novos de Gondomar obteñen unha mención no concurso internacional Future Arquitecturas para revitalizar La Panificadora.
Gciencia entrevista o biólogo vigués Fran Saborido, que estuda peces hermafroditas "no centro de investigación de moda no mundo", situado en Arabia. Destaca que “no medio do deserto e en catro anos, Arabia alcanzou a Yale”
O alcalde de Ourense retira as competencias ao concelleiro de Infraestruturas e a executiva local do PSOE abre expediente aos cinco edís que abandonaron o pleno a pasada semana para non apoiar o rexedor.
O PP pensa en limitar a sanidade para os parados que marchen de España. Prevé a perda do dereito a prestacións de estar máis de 90 días fóra do Estado.
Bruxelas expedientará a Real Madrid, Barcelona e outros cinco equipos españois por axudas de Estado ilegais. A Comisión Europea investigará os dous grandes, ademais de Athletic, Osasuna, Valencia, Elche e Hércules.
Artur Mas asegura que votará si á independencia no referendo catalán e advirte de que non lle dan medo as ameazas do Goberno central nin a posibilidade de acabar na cadea.
O Celta cae goleado en Valladolid (3-0) logo dunha polémica expulsión de Charles. Javi Guerra marcou os tres tantos dos casteláns na segunda parte.