O alcalde de Ourense retira as competencias ao concelleiro de Infraestruturas e a executiva local do PSOE abre expediente aos cinco edís que abandonaron o pleno a pasada semana para non apoiar o rexedor.
Fálase
O PP pensa en limitar a sanidade para os parados que marchen de España. Prevé a perda do dereito a prestacións de estar máis de 90 días fóra do Estado.
Bruxelas expedientará a Real Madrid, Barcelona e outros cinco equipos españois por axudas de Estado ilegais. A Comisión Europea investigará os dous grandes, ademais de Athletic, Osasuna, Valencia, Elche e Hércules.
Artur Mas asegura que votará si á independencia no referendo catalán e advirte de que non lle dan medo as ameazas do Goberno central nin a posibilidade de acabar na cadea.
O Celta cae goleado en Valladolid (3-0) logo dunha polémica expulsión de Charles. Javi Guerra marcou os tres tantos dos casteláns na segunda parte.
O FROB confirma que recibiu seis ofertas por NCG: CaixaBank, BBVA, Santander, Banesco e dúas de fondos de investimento (Guggenheim, JC Flowers, Wilbuir Ross e Anchorage). O organismo estudará as propostas "nas vindeiras horas" e abrirá unha segunda fase se non hai unha un 50% máis alta
The Lancet alerta nun artigo sobre o impacto dos recortes sanitarios en España. A prestixiosa revista médica alerta da "erosión" provocada na cobertura sanitaria pola xestión do Goberno, con “graves consecuencias para a saúde” dos cidadáns.
A CIG instalou catro faixas en Verín informando da nova sentenza xudicial que condena o alcalde da vila por violar os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras.
O Parlamento Europeo aproba un informe sobre as rías galegas benévolo coas administracións tras rexeitar a maioría das emendas presentadas polo BNG. As dúas eurodeputadas que visitaron Galicia negáronse a participar na votación ao considerar que o documento non reflicte a realidade das rías galegas. Máis información, nuns minutos en Praza.
Jonás Trueba selecciona para Filmin os 12 mellores filmes do ano, e entre eles sitúa VidaExtra, de Ramiro Ledo