Jonás Trueba selecciona para Filmin os 12 mellores filmes do ano, e entre eles sitúa VidaExtra, de Ramiro Ledo
Fálase
O BNG pide que Anticorrupción paralice a venda de Novagalicia Banco e investigue posibles delitos de prevaricación e malversación de fondos públicos.
Aznar compara o referendo catalán con ETA e asegura que España "non rachará". O ex presidente do Goberno pide ao Executivo que actúe para deter a consulta en Cataluña.
A Xunta mantén en casa con soldo 20 empregados da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) por non readmitilos. Os traballadores contan con sentenzas que declaran nulos os seus despidos
A ANC fai público o vídeo da Via Catalana que a través dunha cadea humana uniu a costa de Cataluña na última Diada.
O Ministerio de Sanidade deixa fóra da reprodución asistida a mulleres soas e parellas lesbianas, e en xeral endurece os requisitos. Ana Mato xa anticipara estas medidas ao afirmar hai uns meses que "a falta de varón non é un problema médico".
Pemex anuncia catro novos contratos para Barreras. A petroleira compromete a construción dun atuneiro e tres buques tanques na ría de Vigo durante a visita dos seus directivos ao estaleiro. Máis información, nun anaco en Praza.
Un deputado do PP comprométese a "facerlle chegar a quen corresponde" unha queixa da asociación Galicia Bilingüe sobre o suposto veto na TVG ás declaracións en castelán. Para isto, Javier Dorado pide o "nome da xornalista" á que sinala este grupo.
Pontevedra acolleu o TEDxGalicia, que encheu o Centro Social Fundación Novacaixagalicia. Roberto Pérez Marijuán, Miguel Conde, Sandra Prieto, Víctor Salgado, José Manuel Dopazo, Carlos Graña ou Jorge del Oro realizaron algunhas das presentacións.
Sin Permiso publica o texto da conferencia inaugural do simposio España contra Catalunya, a cargo do historiador Josep Fontana, que conclúe que "o pacto de 1978-1979, desvirtuado unha e outra vez, caducou"