Pemex anuncia catro novos contratos para Barreras. A petroleira compromete a construción dun atuneiro e tres buques tanques na ría de Vigo durante a visita dos seus directivos ao estaleiro. Máis información, nun anaco en Praza.
Fálase
Un deputado do PP comprométese a "facerlle chegar a quen corresponde" unha queixa da asociación Galicia Bilingüe sobre o suposto veto na TVG ás declaracións en castelán. Para isto, Javier Dorado pide o "nome da xornalista" á que sinala este grupo.
Pontevedra acolleu o TEDxGalicia, que encheu o Centro Social Fundación Novacaixagalicia. Roberto Pérez Marijuán, Miguel Conde, Sandra Prieto, Víctor Salgado, José Manuel Dopazo, Carlos Graña ou Jorge del Oro realizaron algunhas das presentacións.
Sin Permiso publica o texto da conferencia inaugural do simposio España contra Catalunya, a cargo do historiador Josep Fontana, que conclúe que "o pacto de 1978-1979, desvirtuado unha e outra vez, caducou"
A veterinaria ferrolá Rebeca Atienza, protagonista da moi comentada liberación da chimpancé Wounda no Instituto Jane Goodall do Congo. Cóntao GCiencia.
Carmen Iglesias Sueiro vén de tomar posesión como deputada do Parlamento ao inicio do pleno de Orzamentos. Ten ata cinco días para solicitar a súa incorporación ao grupo da AGE e xa anunciou que o fará. Toda a información, hoxe en Praza.
El Diario explica como controlará de agora en diante o Goberno de España que xornalistas lle formulan preguntas a Rajoy nas súas comparecencias conxuntas con líderes internacionais.
Michelle Bachelet retorna á Presidencia de Chile tras gañar a segunda volta das eleccións con máis do 62% dos votos. A nova, na televisión pública chilena
Unhas 7.000 persoas posúen unha riqueza equivalente á metade do PIB de Galicia. Cóntao Faro de Vigo.
La Voz sitúa a La Caixa, Santander e BBVA como entidades "favoritas" de Luis de Guindos para adquirir Novagalicia Banco.