Un estudo de Carlos Martínez e Eduardo Garzón analiza as axudas á banca concedidas polos Estado español entre 2008 e 2012, destacando a contía das recapitalizacións (59.743 millóns de euros) e do rescate de activo deteriorados (28.395 millóns), sobre todo en 2012, último ano do que hai datos oficiais
Fálase
Vence, segundo líder político do Estado con maior porcentaxe de seguidores activos en Twitter segundo un estudo da consultora Sibilare que recolle PR Noticias. Sitúase, cun 6,6%, por tras de Pedro Sánchez (9,1%) e por diante de Pablo Iglesias (4,2%).
Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña que se negou a participar nun desafiuzamento, recibirá o Premio Portapaz 2015, que entrega o Seminario Galego de Educación para a Paz coincidindo cos actos do Día Escolar pola Paz, o 30 de xaneiro
Rajoy participará na campaña electoral grega acudindo mañá a actos electorais de apoio á reelección do actual primeiro ministro, Antonis Samarás, para tentar contribuír así a frear o avance de Syriza.
A Xunta anuncia o inicio do período de información pública do plan de conservación da praia de Augas Santas (As Catedrais)
O PP non logra apoios para o seu plan de castigar con cárcere a consulta de webs de contido xihadista. En El Diario
A Audiencia Nacional ve probado que fixeron escala en Vigo voos con prisioneiros que Estados Unidos dirixía a Guantánamo. Recólleo La Voz
Universidades, Xunta e Goberno central rexeitan avaliar as oposicións na Deputación de Ourense. Cóntao El País
O alcalde de Vigo compara coa Fontana di Trevi o barco que pretende instalar nunha rotonda do barrio de Coia e asegura que lle "dá igual" que o párroco de Cristo da Vitoria o critique pola actitude da Policía Local contra os manifestantes. Recólleo Faro de Vigo
"Milleiros de infectados. Millóns de afectados". A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C comezou a difundir unha serie de vídeos con testemuñas de enfermos, enfermas e de persoas do seu entorno para poñer de relevo que os efectos desta doenza van moito máis aló de quen directamente a sofren.