Morre Germán Coppini, gran voz da movida viguesa e de Siniestro Total e Golpes Bajos. El Diario destaca cinco cancións para lembrar este músico cántabro.
Fálase
A xuíza imputa catro traballadores do Concello da Coruña polo caso Pokémon. Son a directora dos museos científicos, a do Acuario e dous funcionarios.
Galicia e a Costa da Morte choran a perda do santuario de Muxía. Un raio provocou un incendio que destruíu o tellado e boa parte dos retablos e as imaxes relixiosas.
Este 25 de nadal Praza non se actualizará por descanso da redacción. Boas festas a todos e todas!
Facua denuncia o Goberno ante a Comisión Europea por non cumprir a directiva de electricidade, que especifica que os prezos deben ser "razoables e claramente comparables". A entidade sinala que na actualidade non se garante a protección "dos consumidores vulnerables". Facua-Consumidores en Acción convocou para o vindeiro 30 de decembro un apagón de 19 a 20 horas para protestar contra a continuada suba do prezo da luz.
Nace Enchufados, unha nova publicación humorística en galego, con gran presenza do humor gráfico e da banda deseñada, de periodicidade quincenal e venda en quioscos.
Os 17 traballadores e traballadoras de Povisa denunciados por "ocupar" a sede da Xunta en Vigo o pasado 5 de agosto en defensa do seu convenio colectivo, absoltos de todos os cargos, ao non incorrer en causa penal ningunha.
Banesco inicia a liquidación de Novagalicia ao poñer á venda activos valorados en 4.000 millóns. Trátase de activos considerados non estratéxicos, coma a carteira de participacións empresariais da antiga CXG Corporación Caixa Galicia.
Xa se pode ver integramente o debate de Galiza Ano Cero sobre "Desobediencia civil", no que participaron Xosé Manuel Beiras, Quim Arrufat, Vera Cruz Montoto e Rubem Centeno
Lendoiro non se presentará á reelección e deixará a presidencia do Deportivo, segundo adiantan varios medios. O aínda presidente do club coruñés vén de convocar unha rolda de prensa ás 13.30. Máis información, hoxe en Praza.