Este mediodía poderedes seguir a través do Twitter de Praza Pública os actos políticos que se celebran en Compostela co gallo do Día da Patria. Pola tarde teredes na nosa web información de todos eles, tameń dalgún dos convocados fóra de Santiago.
Fálase
A petición de rescate por parte de Catalunya protagoniza as primeiras páxinas dos diarios impresos do Estado. En Galicia, esta nova comparte protagonismo coas conmemoracións do 25 de xullo e a redución de deputados que impulsa o PP.
Esquerda Unida conmemora o Día da Patria cun manifesto titulado Traballo, autogoberno e dignidade no que subliña, entre outros aspectos, o seu apoio ás "arelas deste pobo traballador a poder vivir e traballar na nosa terra"
Italia e Francia desautorizan a España e negan o comunicado conxunto no que piden a aplicación "inmedita" dos acordos do cumio europeo. Acusan o Goberno de mentir e din que a súa afirmación causa "estupor".
Gallardón insiste no Congreso en que a discapacidade non pode significar unha "merma de dereitos". "Ningún discapacitado en España ten que tener menos dereitos que o resto de cidadáns", asegura.
España, Italia e Francia piden a aplicación "inmediata" dos acuerdos do cumio de xuño, que prevén a recapitalización directa dos bancos e a compra de débeda por parte do fondo de rescate e con condicións máis flexíbeis.
A Generalitat de Catalunya suxire que podería pedir o rescate do Estado porque "non dispón doutro banco que o Goberno español". Cóntao a Cadena SER.
Novagalicia rexeita adherirse en actos de conciliación con afectados polas preferentes. A negativa do banco acaba en protesta e na ocupación dunha sucursal por parte dos estafados.
MAFO: "O problema bancario español xerouse nun momento de expansión desmesurada... Todos participaron". O ex gobernador do Banco de España comeza a súa comparecencia no Congreso.
Morre Gregorio Peces-Barba, un dos considerados 'pais' da Constitución española.