MAFO: "O problema bancario español xerouse nun momento de expansión desmesurada... Todos participaron". O ex gobernador do Banco de España comeza a súa comparecencia no Congreso.
Fálase
Morre Gregorio Peces-Barba, un dos considerados 'pais' da Constitución española.
A pensión media en Galicia crece un 3,3% e sitúase nos 696,89 euros no mes de xullo, pero segue sendo a máis baixa do Estado segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego.
Rajoy convoca para o día 30 a todos os presidentes autonómicos do PP co obxectivo de coordinar mensaxes ante os recortes. Cóntao a Cadena SER.
O Tesouro coloca 3.050 millóns a tres e seis meses, cos intereses estables, algo por riba dos 3.000 millóns de obxectivo.
O Goberno central recorta nun 95% o canon dixital e déixao en 5 millóns de euros. As entidades de xestión cualifican de "ridícula" a partida.
Unha pequena illa bretoa, a primeira posíbel vítima do cambio climático en Francia pola suba do nivel do mar. Cóntao o New York Times.
O Financial Times leva á súa portada a "dramática" situación das finanzas españolas ante os mercados internacionais e ilustra a nova cunha imaxe dos incendios de Catalunya
A treboada financeira segue a protagonizar un día máis as primeiras páxinas dos diarios impresos do Estado, nos que os incendios que sofre Girona tamén seguen a ser tristes protagonistas.
Morre Sally Ride, a primeira muller que a NASA enviou ao espazo. O Washington Post repasa a súa vida.