A pensión media en Galicia crece un 3,3% e sitúase nos 696,89 euros no mes de xullo, pero segue sendo a máis baixa do Estado segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego.
Fálase
Rajoy convoca para o día 30 a todos os presidentes autonómicos do PP co obxectivo de coordinar mensaxes ante os recortes. Cóntao a Cadena SER.
O Tesouro coloca 3.050 millóns a tres e seis meses, cos intereses estables, algo por riba dos 3.000 millóns de obxectivo.
O Goberno central recorta nun 95% o canon dixital e déixao en 5 millóns de euros. As entidades de xestión cualifican de "ridícula" a partida.
Unha pequena illa bretoa, a primeira posíbel vítima do cambio climático en Francia pola suba do nivel do mar. Cóntao o New York Times.
O Financial Times leva á súa portada a "dramática" situación das finanzas españolas ante os mercados internacionais e ilustra a nova cunha imaxe dos incendios de Catalunya
A treboada financeira segue a protagonizar un día máis as primeiras páxinas dos diarios impresos do Estado, nos que os incendios que sofre Girona tamén seguen a ser tristes protagonistas.
Morre Sally Ride, a primeira muller que a NASA enviou ao espazo. O Washington Post repasa a súa vida.
O diario británico The Guardian asegura que o ministro de Economía, Luis de Guindos, negocia co Goberno de Alemaña un rescate de 300.000 millóns de euros para España
Os triatletas do equipo olímpico mexicano adestran en Lugo pola súa similitude climática con Londres. Cóntao o diario mexicano El Sol de Cuernavaca