Os Premios da Cultura galega distinguiron este luns a María Xosé Queizán (Letras), Numax (Audiovisual), Irmandade Xurídica Galega (Lingua), Sarabela Teatro (Artes escénicas), Museo de Pontevedra (Patrimonio), Maximino Zumalave (Música), Miguel Fernández (Artes plásticas) e Elena Zernova (Proxección exterior). Foron entregados polo presidente da Xunta nun acto na Cidade da Cultura.
Fálase
As vítimas de Angrois comparecen esta mañá ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. Á tarde este mesmo órgano escoitará as demandas dos colectivos opostos á megaminaría en Galicia. A información, hoxe en Praza.
PSOE, CCOO e UGT pactan unha renda mínima sen contar con Podemos. Socialistas e sindicatos impulsan unha prestación contributiva para todos os parados sen ingresos á marxe da formación morada.
A xustiza frea o plan de Emprego que usa axencias privadas para recolocar parados. Unha sentenza dá a razón ao Goberno vasco e tomba no seu territorio o concurso de axencias de colocación que o Ministerio adxudicou en 2015.
Trump asina a orde para sacar os EUA do acordo comercial do Pacífico. O TPP está en proceso de ratificación nos parlamentos dos países firmantes para a súa entrada en vigor.
Hoxe cúmprense 40 anos da matanza de Atocha, no inicio da Transición. eldiario.es lémbrao nunha reportaxe especial.
ÚLTIMA HORA | A lista Máis Alá foi a máis votada nas eleccións internas de En Marea con 894 votos, o 58,66%. Séguena Somos quen (25,26%) e Queremos Participar (16,08%). Toda a información, este serán en Praza.
O TSXG condena a CRTVG por vulneración do dereito á igualdade das mulleres. O alto tribunal considera que a compañía empregou un informe médico "a conveniencia para xustificar a denegación do exercicio do dereito á conciliación da traballadora” e ordena a empresa pública a un pagamento de 2.000 euros por danos morais. Fíxoo público a CUT.
Donald Trump elimina o castelán da web da Casa Branca. O presidente republicano pecha as contas oficial do Goberno dos EUA en español nas redes e non conta con hispano ningún no seu gabinete.
Benoit Hamon disputará a Manuel Valls a candidatura dos socialistas franceses ás eleccións presidenciais. O primeiro venceu os seus rivais na primeira volta das primarias do Partido Socialista.