O Parlamento aproba unha declaración de apoio ao pobo saharauí e reclama a súa autodeterminación. Pódese consultar o texto íntegro nesta ligazón
Fálase
O Parlamento aproba por unanimidade a iniciativa do BNG para que o 2016 sexa Ano das Irmandades da Fala
O PP rexeita que a Xunta inicie o diálogo coa Deputación de Lugo para aceptar o financiamento da hemodinámica 24 horas no HULA. A iniciativa do PSdeG foi apoiada por toda a oposición e desbotada polos populares, que os acusa de utilizar os doentes. No debate a voceira socialista, Concepción Burgo e o voceiro do BNG, Cosme Pombo, loceron as camisolas da campaña #quenoncheroubenocorazón.
Libera! destaca que Negreira incumpre unha ordenanza municipal ao pasear co seu can solto pola praia nun vídeo electoral do PP da Coruña. Cóntao La Opinión.
O Ministerio de Sanidade adxudica prazas do MIR para 'El Ferrol'. Destácao o blog As MIR e unha noites
O DOG publica os permisos aos que poden acollerse as persoas que teñan que traballar o día das eleccións municipais para poderen ir votar
A Eurocámara recúa e aproba a redución do consumo de biodiésel. Cóntao El Diario
Galicia terá 63.000 xubilados máis que mocidade en idade de traballar en 2020. Analízao Faro de Vigo
O BNG da Coruña lamenta o "veto" a dous senegaleses para ir nas súas listas electorais por non teren nacionalidade española nin de ningún estado da UE.
A RAG presenta recurso de amparo contra a sentenza do Tribunal Supremo. Recorre ao Constitucional por crer que "se pon de manifesto a vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza".