O BNG da Coruña lamenta o "veto" a dous senegaleses para ir nas súas listas electorais por non teren nacionalidade española nin de ningún estado da UE.
Fálase
A RAG presenta recurso de amparo contra a sentenza do Tribunal Supremo. Recorre ao Constitucional por crer que "se pon de manifesto a vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza".
Veciños de Coia presentan unha demanda colectiva contra Carmela Silva por chamalos "nazis". A tenente de alcalde de Vigo insultou os membros da asemblea de Coia por unha rede social.
Menos dunha cuarta parte dos votantes do PP galego apoian que o seu partido subscriba pactos de goberno nos concellos, segundo unha enquisa de La Voz
A Fiscalía Anticorrupción ratifica que o PP manexou unha caixa de diñeiro negro coa que pagou sobresoldos e outras operacións, pero conclúe que non cometeu delito fiscal, uníndose así á doutrina da Axencia Tributaria. Recólleo a Cadena SER
Tsipras forza a que Varoufakis comparta o control das negociacións de Grecia coa UE
O Supremo obriga o FOGASA a pagar todas as solicitudes que non responda en tres meses. Cóntao El Diario
O novo tren rápido do Atlántico ten sinais pouco visibles para os maquinistas. Cóntao El País Galicia
O pleno do Concello de Lugo do vindeiro 4 de maio debaterá a retirada das distincións municipais a Franco e outras tres persoas relacionadas coa ditadura. O Goberno municipal propón ademais o cambio de denominación de sete rúas, que tomarán entre outros os nome de Isaac Díaz Pardo ou Lois Peña Novo. O BNG responde que só a súa acción política "fixo posible o cambio dos nomes da rúas en Lugo" e que "se Fraga non ten unha rúa en Lugo é grazas ao BNG".
A Xunta Electoral non acepta a lista do PP na vila catalá de Berga porque unha das persoas propostas para integrala se presenta en Ferrol por UPyD, no posto 13 da súa lista. Cóntao Directe