Fomento e estibadores rematan sen acordo a súa primeira xuntanza. Os traballadores opóñense á reforma proposta polo Goberno, que precarizaría os seus empregos e manteñen a convocatoria de folga para finais de mes. O proceso de liberalización do sector imposto pola UE está provocando conflitos en toda Europa.
Fálase
O sábado pola mañá ábrese a Asemblea de Vistalegre (ver programa) na que Podemos redefine o seu proxecto. As persoas inscritas na formación teñen ata as 20 horas de hoxe para participar nas votacións. Os resultados coñeceranse o domingo ás 14 horas.
O PP celebra esta fin de semana o seu Congreso, que se abriu cunha emenda que cargaba contra a acumulación de cargos de María Dolores de Cospedal e que estivo a piques de saír adiante
Ferida grave unha muller en Salceda nun novo posible caso de violencia machista. Tería sido atacada polo seu marido, que acabou suicidándose.
Navantia entrega a Pemex o flotel construído en Ferrol. A empresa mexicana cancelou hai tan só uns meses o segundo flotel prometido en Vigo.
O Parlamento de Galicia concede a súa medalla á Comisión dos 16 que elaborou o anteproxecto do vixente Estatuto de Autonomía. A entrega da distinción terá lugar o vindeiro 6 de abril, coincidindo co 36º aniversario da promulgación do Estatuto.
Primeira sentenza da Gürtel: 13 anos de cadea para Pablo Crespo, ex-número 3 do PPdeG. Francisco Correa e o 'Bigotes' tamén terán que entrar en prisión xunto ao ex-secretario de Organización dos populares galegos. Máis información, axiña en Praza.
Ferrol derroga definitivamente a taxa de saneamento do PP e devolverá o importe recaudado ilegalmente, medidas que se debaterán o vindeiro luns nun pleno extraordinario
José Manuel García, elixido novo portavoz muncipal do PSOE na Coruña sen o apoio da metade do seu grupo
El Salto entrevista a Susan George sobre a elección de Trump ou os tratados de desregulación comercial, entre outros temas: “Se impós o neoliberalismo 40 anos, o resultado é Donald Trump”