Castigo para o PSD e Passos Coelho nas eleccións municipais portuguesas. Perden as alcaldías máis importantes do pais e caen dez puntos. O PS sobe e convértese na forza máis votada e o PCP tamén obtén uns magníficos resultados, cun 11,09% dos votos e recuperando Beja, Évora ou Loures.
