O primeiro ministro escocés Alex Salmond afirma que en 2013 publicará un libro branco coas "informacións confidenciais" que nos últimos meses lle permitiron asegurar que unha Escocia independente se converteria automaticamente nun membro máis da UE.
Fálase
The Guardian publica unha completa reportaxe sobre os erros, enganos e plaxios na investigación cientifica, cada vez máis á vista, como amosa un estudo da revista Nature que afirma que as retractacións nas publicacións cientificas aumentaron un 1.200% na última década.
O Pazo dos Deportes de Lugo fai 20 anos. O Breogán estreou as instalacións na tempada 92-93 e dende entón converteuse en escenario de triunfos e tamén algúns sufrimentos.
O partido de Mario Conde insístelle ao ex banqueiro e ex convicto para que se presente ás eleccións autonómicas. Decidirano mañá en Compostela. Cóntao La Región.
A convulsa situación en diversos países árabes e os asaltos a embaixadas estadounidenses protagonizan hoxe boa parte das portadas dos diarios impresos, nos que aínda ten un lugar destacado a reacción do Goberno central ás apostas independentistas catalás
O Ministerio de Educación planea recortar os contidos educativos que regulan as autonomías e centralizar ata o 75% dos contidos escolares. Adiántao o diario El País.
Os ao redor de mil militantes de Esquerda Unida votan até as once da noite a coalición técnica con Anova para concorrer ás eleccións do 21-O. Agárdase unha clara vitoria do si.
O déficit de Galicia situouse por riba da media do Estado no primeiro trimestre do ano. En El País.
Sandra Araúxo e Rafael Cuiña anunciarán mañá a súa candidatura ás primarias de Compromiso por Galicia na provincia de Pontevedra.
Eldiario.es amosa os prezos que o Goberno de Castilla-La Mancha lle cobrará ás persoas inmigrantes que non teñan dereito á sanidade pública. Entre eles, 4.392 euros por cesárea e 2.800 por un día na UCI