Un informe da OCDE sinala que a pobreza triplica a posibilidade de que un alumno en España saque peores notas. O estudo baséase nos datos de 2012 de PISA e amosa as desigualdades existentes no sistema educativo español
Fálase
Triunfos de Sanders e Trump nas primarias de New Hampshire, celebradas este martes. No campo republicano, revés para Marco Rubio, que finalizou quinto, fronte ao segundo lugar que lle auguraban as sondaxes previas.
Fernández Díaz di que ETA desexa un goberno do PSOE con Podemos. O ministro do Interior cre que se goberna a formación morada haberá excarcelacións de terroristas. "Hai unha axenda oculta", dixo nunha entrevista na Cadena COPE.
Pedro Sánchez formula que a investidura sexa na primeira semana de marzo. O presidente do Congreso, Patxi López, comprométese a intentar presentar a vindeira semana unha data para o debate.
Yolanda Díaz descarta deixar En Marea malia a petición de Garzón para axudar a IU. A deputada remítese á aposta de EU polas confluencias, tamén para as autonómicas.
O Porto da Coruña repartiu 11,9 millóns dos seus contratos sen sacalos a concurso en 2015. Só nun caso recorreu ao procedemento negociado con publicidade.
Máis de 200 cargos públicos en Galicia, pendentes de se hai un novo Goberno. Oitenta deles pertencen ao organigrama da Delegación do Executivo na comunidade.
As dez persoas que este martes dimitiron dos seus cargos no Consello Cidadán Galego de Podemos, levando á disolución da dirección da formación en Galicia, explican as razóns da súa renuncia. Destacan que este proceso debe facilitar a conformación dunha "organización forte" que traballe para unha "alternativa de cambio" e critican a "inactividade" na que se atopaba o partido e a negativa de Breogán Rioboo a "escoitar propostas"
A partir das 20.30 poderase seguir en directo en streaming a presentación pública de #DiEM25 en Berlín, un acto no que participan representantes de forzas políticas e movementos sociais de toda Europa, entre eles Xulio Ferreiro e Antón Gómez-Reino
O presidente da Federación Galega de Confrarías, Tomás Fajardo, someterase este sábado a unha cuestión de confianza, tras pedir o seu cese os pósitos de Pontevedra. Fajardo afirma que non dimitirá e que só abandonará o seu cargo se así o pide a maioría cualificada de tres quintos.