Máis de 200 cargos públicos en Galicia, pendentes de se hai un novo Goberno. Oitenta deles pertencen ao organigrama da Delegación do Executivo na comunidade.
Fálase
As dez persoas que este martes dimitiron dos seus cargos no Consello Cidadán Galego de Podemos, levando á disolución da dirección da formación en Galicia, explican as razóns da súa renuncia. Destacan que este proceso debe facilitar a conformación dunha "organización forte" que traballe para unha "alternativa de cambio" e critican a "inactividade" na que se atopaba o partido e a negativa de Breogán Rioboo a "escoitar propostas"
A partir das 20.30 poderase seguir en directo en streaming a presentación pública de #DiEM25 en Berlín, un acto no que participan representantes de forzas políticas e movementos sociais de toda Europa, entre eles Xulio Ferreiro e Antón Gómez-Reino
O presidente da Federación Galega de Confrarías, Tomás Fajardo, someterase este sábado a unha cuestión de confianza, tras pedir o seu cese os pósitos de Pontevedra. Fajardo afirma que non dimitirá e que só abandonará o seu cargo se así o pide a maioría cualificada de tres quintos.
CC.OO. e CIG convocan unha folga indefinida no transporte de residuos de SOGAMA polo despedimento de 69 traballadores, despois de que a empresa sacase a concurso unha nova contrata que non inclúe nas súas condicións a continiudade do actual persoal. Dende o 15 de febreiro non se transportará o lixo dende os concellos ata a planta de tratamento.
Este martes preséntase en Berlín o Movemento pola Democracia en Europa - 2025 (DiEM25), liderado polo exministro de Finanzas grego, Yanis Varoufakis. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, participan nuns actos que culminarán ás 20.30 cunha gran presentación pública
A CNT convoca este mércores unha concentración en Compostela para pedir a liberdade dos dous integrantes das compañía Títeres desde Abajo acusados de enaltecemento do terrorismo por representar unha obra en Madrid. Será ás 20 horas na Praza de Cervantes.
A dimisión dos deputados e do senador de En Marea e de sete membros maís aboca a dirección de Podemos-Galicia á disolución. O partido terá que elixir agora nova directiva tras a crise aberta polas destitucións decididas polo actual secretario xeral, Breogán Riobóo.
Os grupos do Congreso acordan redistribuír os escanos a petición de Podemos, cuxos membros protestaran por ser enviados "ao poleiro".. Este é o novo reparto
A exministra de Economía Elena Salgado intégrase no consello de administración de Nueva Pescanova. Recólleo Faro de Vigo