O PP aumentaría apoios nunhas eleccións e o PSOE perdería o segundo posto, segundo unha enquisa para a Cadena SER. Pedro Sánchez, o máis apoiado para liderar os socialistas.

O PP aumentaría apoios nunhas eleccións e o PSOE perdería o segundo posto, segundo unha enquisa para a Cadena SER. Pedro Sánchez, o máis apoiado para liderar os socialistas.
Bárcenas ofreceu a Javier Arenas exculpalo da 'caixa B' do PP. El Mundo saca á luz mensaxes de texto que o ex-tesoureiro enviou a un deputado do PP para intentar "comprometer o xusto" ao vicesecretario de Política Local e Autonómica.
Encher o depósito de gasoil vale en Galicia tres euros máis desde agosto malia a caída do prezo do petróleo. O litro de diésel encarécese un 5,4% en tres meses.
A oposición no Congreso inicia un novo intento para botar abaixo a lei Mordaza. Debátese este martes unha moción do PSOE que pide derrogar a Lei de Seguridade Cidadá.
Educación acepta unha proba idéntica á selectividade en lugar da reválida. O Ministerio tamén accede a suprimir a avaliación externa de Primaria.
#UnGranMedio En marcha o proxecto 'Saltamos', no que unha vintena de medios informativos de todo o Estado se unen para constituíren "un gran medio". Os detalles, na web Saltamos.net
A Unión Musical de Meaño e a Escola de Música de Rianxo triunfan no X Certame Galego de Bandas de Música nas súa seccións primeira e segunda, respectivamente. O certame celebrouse este domingo no Auditorio de Galicia
Detidas en Galicia persoas relacionadas con membros do Daesh. Catro persoas foron arrestadas en España polos seus vínculos con militantes do grupo terrorista en Austria. As detencións no país leváronse a cabo en Arteixo e Vimianzo.
François Fillon será o candidato á presidencia do centrodereita en Francia. Obtivo o 67% dos máis de catro milóns de votos nas primarias fronte ao seu rival, Alain Juppé, e será o aspirante ao Elíseo nas eleccións de abril.
Martínez-Pujalte ingresou nun ano 3,5 millóns sendo deputado. O ex-parlamentario do PP investigado por corrupción recibiu abonos millonarios ás súas contas durante o seu último exercicio na Cámara, segundo Facenda.