A Unión Musical de Meaño e a Escola de Música de Rianxo triunfan no X Certame Galego de Bandas de Música nas súa seccións primeira e segunda, respectivamente. O certame celebrouse este domingo no Auditorio de Galicia

A Unión Musical de Meaño e a Escola de Música de Rianxo triunfan no X Certame Galego de Bandas de Música nas súa seccións primeira e segunda, respectivamente. O certame celebrouse este domingo no Auditorio de Galicia
Detidas en Galicia persoas relacionadas con membros do Daesh. Catro persoas foron arrestadas en España polos seus vínculos con militantes do grupo terrorista en Austria. As detencións no país leváronse a cabo en Arteixo e Vimianzo.
François Fillon será o candidato á presidencia do centrodereita en Francia. Obtivo o 67% dos máis de catro milóns de votos nas primarias fronte ao seu rival, Alain Juppé, e será o aspirante ao Elíseo nas eleccións de abril.
Martínez-Pujalte ingresou nun ano 3,5 millóns sendo deputado. O ex-parlamentario do PP investigado por corrupción recibiu abonos millonarios ás súas contas durante o seu último exercicio na Cámara, segundo Facenda.
O Concello de Láncara homenaxea a Fidel Castro ante a casa natal do seu pai. O acto estivo encabezado polo actual alcalde da vila, Darío Piñeiro (PSdeG), o seu antecesor, do PP, e mais unha curmá do falecido líder cubano. Recólleo El Progreso. Ademais, un centenar de persoas uníronse en Santiago á homenaxe organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
Ctxt recolle o proceso en que varios "medios alternativos" do Estado para atopar novas vías de financiamento. Detállao a colaboradora de Diagonal Naiara Puertas ao fío dunha mesa redonda recente.
Feijóo di ver "razoable establecer unha lei" para tornar o modelo electoral en "presidencialista". Afírmao nunha entrevista con El Correo Gallego na que volve asegurar que "no PP hai primarias" aínda que os seus estatutos as impiden.
eldiario.es publica o primeiro capítulo do libro que o fotoxornalista Enrique Meneses pediu divulgar tras a morte de Fidel Castro
A asemblea nacional de Galiza Nova elixe Alberte Fernández como novo secretario xeral. O plenario da asemblea da organización de mocidade do BNG aprobou por unanimidade o relatorio político e mais o de organización.
Un centenar de labregas denuncia o "agravamento" das violencias machistas no rural durante a xornada sobre as agresións de xénero desenvolvida polo Sindicato Labrego Galego no Pazo de Mariñán