Feijóo di ver "razoable establecer unha lei" para tornar o modelo electoral en "presidencialista". Afírmao nunha entrevista con El Correo Gallego na que volve asegurar que "no PP hai primarias" aínda que os seus estatutos as impiden.

Feijóo di ver "razoable establecer unha lei" para tornar o modelo electoral en "presidencialista". Afírmao nunha entrevista con El Correo Gallego na que volve asegurar que "no PP hai primarias" aínda que os seus estatutos as impiden.
eldiario.es publica o primeiro capítulo do libro que o fotoxornalista Enrique Meneses pediu divulgar tras a morte de Fidel Castro
A asemblea nacional de Galiza Nova elixe Alberte Fernández como novo secretario xeral. O plenario da asemblea da organización de mocidade do BNG aprobou por unanimidade o relatorio político e mais o de organización.
Un centenar de labregas denuncia o "agravamento" das violencias machistas no rural durante a xornada sobre as agresións de xénero desenvolvida polo Sindicato Labrego Galego no Pazo de Mariñán
Pedro Sánchez reaparece nun acto con militancia do PSOE na provincia de Valencia e afirma que "o tempo" da xestora do partido "rematou"
O Hospital da Coruña realiza dez transplantes en menos de 24 horas. As persoas doadoras, unha delas viva, foron de Vigo, Madrid e da propia Coruña, e en todo o proceso interviñeron uns 250 profesionais. Recólleo Microsiervos. O pasado 2015 o complexo hospitalario coruñés xa foi líder estatal en transplantes.
O Festival Agrogay da Ulloa, permio do Público no Culturgal 2016 con 2.153 votos. O segundo lugar foi para o cinema NUMAX, con 2.149 apoios, e GCiencia recibiu 1.229.
Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebra este sábado a súa XIV Asemblea Nacional en Santiago. A formación renovará os seus documentos políticos e a súa dirección, con Alberte Fernández como previsible novo secretario xeral.
Desarticulada unha banda acusada de varios roubos en colexios da Coruña e Pontevedra. Recólleo Radio Coruña
Falece Fidel Castro aos 90 anos de idade, segundo confirma o Goberno cubano. Máis información, esta mañá