Pedro Sánchez reaparece nun acto con militancia do PSOE na provincia de Valencia e afirma que "o tempo" da xestora do partido "rematou"

Pedro Sánchez reaparece nun acto con militancia do PSOE na provincia de Valencia e afirma que "o tempo" da xestora do partido "rematou"
O Hospital da Coruña realiza dez transplantes en menos de 24 horas. As persoas doadoras, unha delas viva, foron de Vigo, Madrid e da propia Coruña, e en todo o proceso interviñeron uns 250 profesionais. Recólleo Microsiervos. O pasado 2015 o complexo hospitalario coruñés xa foi líder estatal en transplantes.
O Festival Agrogay da Ulloa, permio do Público no Culturgal 2016 con 2.153 votos. O segundo lugar foi para o cinema NUMAX, con 2.149 apoios, e GCiencia recibiu 1.229.
Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebra este sábado a súa XIV Asemblea Nacional en Santiago. A formación renovará os seus documentos políticos e a súa dirección, con Alberte Fernández como previsible novo secretario xeral.
Desarticulada unha banda acusada de varios roubos en colexios da Coruña e Pontevedra. Recólleo Radio Coruña
Falece Fidel Castro aos 90 anos de idade, segundo confirma o Goberno cubano. Máis información, esta mañá
VÍDEO | Este venres chega ás salas de cinema Sicixia, o novo filme de Ignacio Vilar no que a Costa da Morte é protagonista.
O PP acepta "substituír" a Lomce por unha "nova lei educativa" pero di que non é exactamente "derrogala". Os populares asinan con PSOE e Ciudadanos unha proposta para crear unha subcomisión que chegue a un pacto que cambie a polémica lei por outra.
#25N Xerais publica para a súa descarga libre o relato 'A esencia da cidade', de María Reimóndez, co obxectivo de axudar "a reflexionar, a comprender e a cambiar" actitudes a respecto da violencia machista. Pódese descargar nesta ligazón
Unha nova sondaxe coloca o Partido Socialista portugués ao bordo da maioría absoluta tras un ano de goberno de esquerda. O partido do primeiro ministro, António Costa, leva meses a mellorar nas súas expectativas electorais e o PSD, principal forza da dereita, segue a caer.