Unha nova sondaxe coloca o Partido Socialista portugués ao bordo da maioría absoluta tras un ano de goberno de esquerda. O partido do primeiro ministro, António Costa, leva meses a mellorar nas súas expectativas electorais e o PSD, principal forza da dereita, segue a caer.
