O Celta empata na casa co Standard de Liexa e xogarase na última xornada o pase aos 1/16 de final da Liga Europa. O gol de Aspas foi neutralizado nos últimos minutos de partido polos belgas.

O Celta empata na casa co Standard de Liexa e xogarase na última xornada o pase aos 1/16 de final da Liga Europa. O gol de Aspas foi neutralizado nos últimos minutos de partido polos belgas.
Un atentado contra peregrinos xiítas en Bagdad provocou cando menos 80 mortes. O Estado Islámico atribuíuse a autoría.
Os e as traballadoras galegas acceden á condición de mileurista a partir dos 36 anos, segundo os datos da Axencia Tributaria. Os e as asalariadas de 26 a 35 anos nin siquiera chegan aos 14.000 euros brutos ao ano. Galicia é a comunidade na que máis mozos e mozas de 30 a 34 anos viven aínda cos seus pais e nais, segundo amosa o informe publicado hoxe polo Consello da Xuventude
O poeta Marcos Ana, hospitalizado en estado grave aos seus 96 anos. Militante do PCE, foi o preso político que máis tempo pasou nun cárcere do réxime franquista: 23 anos
O proxecto da Fundación Civio España en Llamas publica un informe sobre os lumes en Galicia no período 2001-2014, anos nos que se produciron 87.367 incendios na nosa comunidade (o 39% do total estatal). Ademais, ofrece un mapa interactivo no que se poden percorrer concello a concello os 23.847 de unha ou máis hectáreas
Íñigo Urkullu, reelixido lehendakari cos votos do PNV e do PSE. O presidente vasco pide un "amplo consenso" para o novo estatus vasco e o PP fala de "proceso de independencia a lume lento".
Podemos Galicia proporá federarse ao partido estatal, ao igual que fixo a formación en Andalucía. Será a proposta que Carmen Santos presente na asemblea de Vistalegre. Cóntao Faro de Vigo.
A Catedral de Santiago súmase á campaña En negro contra a violencia pendurando da fachada do Obradoiro a imaxe da iniciativa contra as agresións machistas. O proxecto, lanzado en 2015 polo Concello de Santiago, chega desta volta a 17 concellos.
Interveñen 325 litros de licores ilegais na contorna de Bergantiños dentro da denominada 'Operación Chupito'. As bebidas eran distribuídas en locais de lecer da zona, segundo a información da Garda Civil que recolle Europa Press na súa web
Centos de persoas percorren en Lugo o "camiño de pegadas negras" contra a violencia machista. A iniciativa está inserida no proxecto En negro contra a violencia, que xunta xa case 3.000 entidades de 17 municipios galegos, e tivo o apoio do Concello, a Deputación, e diversas entidades sociais e deportivas lucenses.