Podemos Galicia proporá federarse ao partido estatal, ao igual que fixo a formación en Andalucía. Será a proposta que Carmen Santos presente na asemblea de Vistalegre. Cóntao Faro de Vigo.

Podemos Galicia proporá federarse ao partido estatal, ao igual que fixo a formación en Andalucía. Será a proposta que Carmen Santos presente na asemblea de Vistalegre. Cóntao Faro de Vigo.
A Catedral de Santiago súmase á campaña En negro contra a violencia pendurando da fachada do Obradoiro a imaxe da iniciativa contra as agresións machistas. O proxecto, lanzado en 2015 polo Concello de Santiago, chega desta volta a 17 concellos.
Interveñen 325 litros de licores ilegais na contorna de Bergantiños dentro da denominada 'Operación Chupito'. As bebidas eran distribuídas en locais de lecer da zona, segundo a información da Garda Civil que recolle Europa Press na súa web
Centos de persoas percorren en Lugo o "camiño de pegadas negras" contra a violencia machista. A iniciativa está inserida no proxecto En negro contra a violencia, que xunta xa case 3.000 entidades de 17 municipios galegos, e tivo o apoio do Concello, a Deputación, e diversas entidades sociais e deportivas lucenses.
A campaña #PrimAcoso acada máis de 5.000 comentarios nas redes sociais, máis de 1,5 millóns de contas acadadas e arredor de 4,2 millóns de impactos. O Concello de Pontevedra fixo hoxe balance dunha exitosa iniciativa co gallo do 25N.
Feijóo evoca a Rita Barberá como "un referente da política municipal". Tras asistir á sesión de control no Parlamento o presidente trasladou as súas condolencias á "familia" da dirixente falecida, que ao seu xuízo era "toda a cidade de Valencia". Barberá, engade, "fixo moitas cousas" e merece "respecto e consideración". Recólleo El Progreso
ÚLTIMA HORA Falece Rita Barberá vítima dun infarto en Madrid. O Summa confirma a morte da senadora e ex-alcaldesa de Valencia.
Seis concellos urxen á Coruña a aprobar a declaración a prol da área metropolitana que frearon PP e PSOE. Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada aprobarán en pleno o documento e instan o Concello a facer o mesmo axiña.
A AP-9 en Vigo é o tramo con máis poboación afectada polo ruído no Estado. Fomento sitúaa entre as sete zonas de urxente solución e hai 2.000 persoas que sofren contaminación acústica excesiva.
O Congreso aproba a petición de Unidos Podemos de subir o salario mínimo a 800 euros en 2018. O PSOE votou a favor, o PP en contra e Ciudadanos abstívose.