Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebra este sábado a súa XIV Asemblea Nacional en Santiago. A formación renovará os seus documentos políticos e a súa dirección, con Alberte Fernández como previsible novo secretario xeral.

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebra este sábado a súa XIV Asemblea Nacional en Santiago. A formación renovará os seus documentos políticos e a súa dirección, con Alberte Fernández como previsible novo secretario xeral.
Desarticulada unha banda acusada de varios roubos en colexios da Coruña e Pontevedra. Recólleo Radio Coruña
Falece Fidel Castro aos 90 anos de idade, segundo confirma o Goberno cubano. Máis información, esta mañá
VÍDEO | Este venres chega ás salas de cinema Sicixia, o novo filme de Ignacio Vilar no que a Costa da Morte é protagonista.
O PP acepta "substituír" a Lomce por unha "nova lei educativa" pero di que non é exactamente "derrogala". Os populares asinan con PSOE e Ciudadanos unha proposta para crear unha subcomisión que chegue a un pacto que cambie a polémica lei por outra.
#25N Xerais publica para a súa descarga libre o relato 'A esencia da cidade', de María Reimóndez, co obxectivo de axudar "a reflexionar, a comprender e a cambiar" actitudes a respecto da violencia machista. Pódese descargar nesta ligazón
Unha nova sondaxe coloca o Partido Socialista portugués ao bordo da maioría absoluta tras un ano de goberno de esquerda. O partido do primeiro ministro, António Costa, leva meses a mellorar nas súas expectativas electorais e o PSD, principal forza da dereita, segue a caer.
Un vídeo resume o impacto da campaña #PrimAcoso, impulsada polo Concello de Pontevedra para que as mulleres relaten ese primeiro acoso machista. Carme Fouces, concelleira de Benestar, foi a pioneira á hora de contar esa experiencia e seguida logo por máis mulleres e mesmo homes.
España, á cabeza en desigualdade malia a mellora económica. Os españois cos soldos máis baixos son os que máis recortes salariais sufriron, só por detrás dos portugueses durante a crise.
O ex-alcalde de Muras acepta indemnizar o actual rexedor por calumnialo e atribuírlle un delito de malversación. Deberá abonar a Manuel Requeixo 3.440 euros.