#25N Xerais publica para a súa descarga libre o relato 'A esencia da cidade', de María Reimóndez, co obxectivo de axudar "a reflexionar, a comprender e a cambiar" actitudes a respecto da violencia machista. Pódese descargar nesta ligazón

#25N Xerais publica para a súa descarga libre o relato 'A esencia da cidade', de María Reimóndez, co obxectivo de axudar "a reflexionar, a comprender e a cambiar" actitudes a respecto da violencia machista. Pódese descargar nesta ligazón
Unha nova sondaxe coloca o Partido Socialista portugués ao bordo da maioría absoluta tras un ano de goberno de esquerda. O partido do primeiro ministro, António Costa, leva meses a mellorar nas súas expectativas electorais e o PSD, principal forza da dereita, segue a caer.
Un vídeo resume o impacto da campaña #PrimAcoso, impulsada polo Concello de Pontevedra para que as mulleres relaten ese primeiro acoso machista. Carme Fouces, concelleira de Benestar, foi a pioneira á hora de contar esa experiencia e seguida logo por máis mulleres e mesmo homes.
España, á cabeza en desigualdade malia a mellora económica. Os españois cos soldos máis baixos son os que máis recortes salariais sufriron, só por detrás dos portugueses durante a crise.
O ex-alcalde de Muras acepta indemnizar o actual rexedor por calumnialo e atribuírlle un delito de malversación. Deberá abonar a Manuel Requeixo 3.440 euros.
O goberno da Coruña prevé gastar 5,1 millóns en comprar terreos e vivendas para uso público. Achegará 2 millóns en mercar novos inmobles municipais e solo para edificalos.
Morre Marcos Ana, poeta comunista e o preso que máis tempo pasou nos cárceres franquistas. Pasou 23 anos na cadea, onde empezou a escrbir os seus poemas. Velaquí unha das súas últimas entrevistas.
O Celta empata na casa co Standard de Liexa e xogarase na última xornada o pase aos 1/16 de final da Liga Europa. O gol de Aspas foi neutralizado nos últimos minutos de partido polos belgas.
Un atentado contra peregrinos xiítas en Bagdad provocou cando menos 80 mortes. O Estado Islámico atribuíuse a autoría.
Os e as traballadoras galegas acceden á condición de mileurista a partir dos 36 anos, segundo os datos da Axencia Tributaria. Os e as asalariadas de 26 a 35 anos nin siquiera chegan aos 14.000 euros brutos ao ano. Galicia é a comunidade na que máis mozos e mozas de 30 a 34 anos viven aínda cos seus pais e nais, segundo amosa o informe publicado hoxe polo Consello da Xuventude