A Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo celebrará este sábado 20 a primeira sesión da Universidade na Rúa contra os recortes. As clases impartiranse nesta ocasión diante do Marco ao longo de toda a xornada.
Fálase
Lignitos de Meirama dooulle 100.000 euros ao PP en 2008, segundo revela a Cadena SER
A Seguridade Social certifica que o PP non deu de baixa a Luis Bárcenas ata que o diario El País publicou os papeis que reflicten a suposta contabilidade B do partido.
O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña comezou a tramitar esta mañá o concurso de acredores de Caramelo. Ao tratarse dun "concurso ordinario de especial transcendencia" o xulgado nomea dous administradores concursais: Antonio Zamorano e o BBVA, por ser este "un dos acredores" da compañía téxtil.
O Consello Escolar de Galicia acordou no plenario que tivo lugar esta tarde rexeitar o decreto de comedores escolares. Devólvello á Consellaría de Educación para que o modifique.
A esta hora celébrase unha concentración ante a sede do Consello Escolar de Galicia para rexeitar o novo sistema de repagamento dos comedores escolares. (foto: @rubencela)
A localidade portuguesa de Viana do Castelo blíndase contra as touradas. O Concello, gobernado polo Partido Socialista, prepara unha norma municipal que veta definitivamente a celebración destes espectáculos. No Público.
O BNG pide o cese do Valedor do Pobo por "vulnerar" a súa obriga "de manter unha completa imparcialidade no debate e de non posicionarse do lado de ningún partido político, nin cargo institucional nin na administración". O Valedor en funcións, Julio José Fernández, afirmou que non había "interese xornalístico" para a difusión das imaxes de Feijóo con Dorado.
Estudantes da UAB ocupan o reitorado para pedir "diálogo" contra os recortes. A Plataforma Unitària en Defensa de la Universitat Pública convocou para este mércores unha xornadas de mobilización en todas a universidades de Barcelona. A UB anulou o seu Consello de Goberno ante as protestas.
O PP quere ocultar "zonas sensibles" nos mapas de Google porque "poden facilitar" o terrorismo. Na imaxe, o Pazo da Zarzuela, residencia oficial do rei, en Google Maps