O PP quere ocultar "zonas sensibles" nos mapas de Google porque "poden facilitar" o terrorismo. Na imaxe, o Pazo da Zarzuela, residencia oficial do rei, en Google Maps
Fálase
Martínez Pujalte asegura que algúns hipotecados queren a dación para comprar outro piso.
O FROB elixe o Sabadell para se quedar co Banco Gallego. Seguirá negociando as condicións e o prezo da adxudicación.
Ante a polémica xerada polas supostas declaracións de María Dolores de Cospedal: "Nuestros votantes dejan de comer antes de no pagar la hipoteca", a secretaria xeral do PP di en twitter que "Las afirmaciones que hoy se me atribuyen no son ciertas ni textuales, ni responden al espíritu de mi intervención de ayer". La Vanguardia modifica a información publicada.
Tres sentenzas condenan a Novagalicia a devolver 100.000 euros a afectados por preferentes. Son tres ditames na provincia de Ourense.
A Asemblea de Desempregadas da CIG ocupa neste momento a oficina do INEM en Compostela para exixir políticas activas de creación de emprego
Manuel González e Xesús Alonso Montero debaten sobre o futuro da Real Academia Galega na TVG. Nuns minutos, toda a información en Praza.
Dolores de Cospedal acusa as persoas que non poden pagar a hipoteca de presentaren "escusas vagas". "Os nosos votantes deixan de comer antes de pagar a hipoteca", dixo a secretaria xeral do PP, segundo relata La Vanguardia
El Confidencial Digital asegura que varios bancos lle advertiron ao PSOE que se estenden por toda España as expropiacións de pisos baleiros aprobadas en Andalucía "non renegociarán a débeda do partido, uns 470 millones de euros". “Estamos dispostos a deixar caer o partido", din.
Faro de Vigo entrevista Xosé Luis Méndez Ferrín, que di que "os que están na candidatura de Alonso Montero planean retirar o recurso contra o decreto do galego" e que "O grupo que xa ten o Consello da Cultura, Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo quere apoderarse da RAG, para que estea ó servizo do poder autonómico"