Faro de Vigo entrevista Xosé Luis Méndez Ferrín, que di que "os que están na candidatura de Alonso Montero planean retirar o recurso contra o decreto do galego" e que "O grupo que xa ten o Consello da Cultura, Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo quere apoderarse da RAG, para que estea ó servizo do poder autonómico"
Fálase
O Banco Sabadell converterase este mércores no novo propietario do Banco Gallego na poxa do FROB, por diante do Banco Espirito Santo e do venelozano Banesco.
O PP tenta frear unha crise interna pola Lei do Aborto. Os conservadores asumen que é un tema sensible que enfronta distintas sensibilidades do seu electorado e chaman a non mostrarse divididos sobre a nova lei que prepara Xustiza pois "só beneficiaría o PSOE"
Os sindicatos nacionalistas vascos, encabezados por ELA e LAB, convocan folga xeral en Euskadi e Navarra para o vindeiro 30 de maio. Convidarán o resto de centrais a unirse.
Bárcenas fraccionou as doazóns para ocultar que eran ilegais. Os pagos de empresarios superiores a 60.000 euros que anotaba nos seus papeis aparecen repartidos na contabilidade oficial do PP.
O deputado de UPyD Toni Cantó compara a inmersión lingüística coa pederastia nunha entrevista en Jot Down
A TVG organiza un debate entre os dous candidatos a presidir a Real Academia Galega
O Estado reclámalle a unha desempregada un céntimo que lle pagou de máis na súa prestación. Cóntao El Economista
Ana Miranda interpela o presidente do BCE, Mario Draghi, no pleno do Parlamento europeo e dille: "que doado é ditar medidas de austeridade desde a acomodada poltrona que ocupa no BCE señor Draghi, mentres a cidadanía sofre as consecuencias desas medidas"
O presidente de Pescanova di que prestou 9,3 millóns a Pescanova tras gañar 32 pola venda de accións. Así o comunicou a compañía á CNMV.