Os sindicatos nacionalistas vascos, encabezados por ELA e LAB, convocan folga xeral en Euskadi e Navarra para o vindeiro 30 de maio. Convidarán o resto de centrais a unirse.
Fálase
Bárcenas fraccionou as doazóns para ocultar que eran ilegais. Os pagos de empresarios superiores a 60.000 euros que anotaba nos seus papeis aparecen repartidos na contabilidade oficial do PP.
O deputado de UPyD Toni Cantó compara a inmersión lingüística coa pederastia nunha entrevista en Jot Down
A TVG organiza un debate entre os dous candidatos a presidir a Real Academia Galega
O Estado reclámalle a unha desempregada un céntimo que lle pagou de máis na súa prestación. Cóntao El Economista
Ana Miranda interpela o presidente do BCE, Mario Draghi, no pleno do Parlamento europeo e dille: "que doado é ditar medidas de austeridade desde a acomodada poltrona que ocupa no BCE señor Draghi, mentres a cidadanía sofre as consecuencias desas medidas"
O presidente de Pescanova di que prestou 9,3 millóns a Pescanova tras gañar 32 pola venda de accións. Así o comunicou a compañía á CNMV.
O FMI prevé máis recesión e un paro do 27% en España. Agarda unha caída do PIB do 1,6% en 2013 e unha lixeira suba do 0,7% en 2014.
Juárez cualifica os escraches de "acto de coacción" como os dos "nazis cando marcaban a casa dos xudeus". O delegado do Goberno en Galicia ve "acertadas" as comparacións feitas por De Cospedal.
Marcial Dorado sentarase na Audiencia Nacional e enfróntase a quince anos de cadea e 40 millóns de multa. Está acusado de branqueo, violación de segredos e contra a Facenda Pública nunha operación de tráfico de cocaína en 2003.